NOVIDADES

O pasado xoves 23 asinouse o convenio entre a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Portos de Galicia e a Confradía da Guarda, que permitirá o uso de instalacións no peirao guardés e a colocación temporal dun pantalán que facilite o atraque de embarcacións participantes no Encontro.

A mostra de Xurxo Lobato chegará da man da Deputación de Pontevedra ao porto da Guarda no XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia o 11 de xullo de 2019. O seu deseño en estruturas cúbidas está concebido para poder estar en espazos exteriores e trátase dunha escolma de imaxes e texto do libro de Xurxo Lobato "Vento nas Velas"....

O alumnado do IES A Sangriña en colaboración coa Asociación Piueiro estiveron estes meses traballando na construción de botes feitos a partir de bidóns de folla de lata, recuperando así unha tradición moi habitual nos portos galegos. Para iso o departamento de chapa-pintura e automoción do IES contou co asesoramento imprescindible de Daniel Baz...

O guardés Tino Baz presentará o seu disco homenaxe a Rosalía de Castro "Se cantan es ti que cantas" no Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Esa noite haberá vari@s artistas convidad@s como Cantares do Brueiro.

O vindeiro 7 de abril A Guarda acollerá un concerto da Orquesta Infantil e Xuvenil Kv2211 (Vigo) na Casa da Cultura ás 12:00h.

Estas semanas a xente de Cork está en contacto coa organización do Encontro para ver as posibles opcións de participación no mesmo. Como podedes imaxinar o principal problema é o transporte das embarcacións dende Irlanda, xa que o custe é elevado.

O sábado 3 de novembro temos prevista unha xuntanza do Comité Organizador do Encontro e tamén das diferentes comisións, co obxectivo de pornos ao día do resultados das diferentes reunións coas administracións que se realizaron estes meses e tamén ir avanzando cuestións loxísticas e do programa de actividades.

Estes días estivemos a darlle un lavado de cara á gamela A Roncadeira, unha gamela adaptada a persoas en cadeira de rodas, un proxecto do Concello da Guarda financiado a través dos anteriores Grupos de Acción Costeira.

O 17 de maio poñemos rumbo ao Festival Marítimo de Pasaia da man da Federación Galega pola Cultura Marítimo e Fluvial (CULTURMAR) para realizar a primeira presentación do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, levando o nome da Guarda por esta terra guipuscoana.