navegación


TÓDALAS ACTIVIDADES DE NAVEGACIÓN PODEN SER CANCELADAS OU ESTÁN SUXEITAS A MODIFICACIÓN DE HORARIOS E ESPAZOS EN FUNCIÓN DAS CONDICIÓNS METEREOLÓXICAS, QUEDANDO A ORGANIZACIÓN EXENTA DE CALQUERA RESPONSABILIDADE DE CALQUERA MODIFICACIÓN QUE PERMITA GARANTIR AS CONDICIÓNS DE SEGURIDADE AXEITADAS PARA A NAVEGACIÓN.


CONVOI "TESA A ESCOTA: NAVEGACIÓN PROA Á GUARDA"

  • 29 XUÑO: Ferrol → Muros
  • 6 XULLO: Muros → Illas Cíes (apoio á candidatura do Parque das Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade)
  • 7 XULLO: Illas Cíes → A Guarda (chegada estimada entre 13:00 e 16:00h, dependendo das condicións metereolóxicas)

NAVEGACIÓNS DURANTE O ENCONTRO

11-14 DE XULLO (de 11:00 a 13:00h e de 17:00 a 19:30h)

Reunión diaria de patróns/patroas: 10:30 no Pavillón do Patrimonio

XOVES 11: 
  • mañá: na beiramar da Guarda
  • tarde: Izada de velas na inauguración oficial

VENRES 12

  • mañá: navegación inclusiva "O mar para tod@s"
  • tarde: proa á Insua

SÁBADO 13

  • mañá: proa ao Mosteiro de Oia
  • tarde: ruta das cetáreas

DOMINGO 14

  • mañá: na beiramar da Guarda
  • tarde: na beiramar da Guarda

*** Na Guarda hai varios miradores dende os que se pode facer un seguemento das navegacións dende terra. Un dos máis aconsellables é o Monte Santa Trega (tasa de acceso ao monte: 1€ para maiores de 13 anos, 50 céntimos para menores de 14 anos)***.

VOGA, VOGA, MARIÑEIR@ (pequenas embarcacións a remo)

Faluchos, cuncos e barcos de lata para a rapazada de 5 a 105 anos.

Na praia da Ribeira de 11:00 a 13:00h e de 17:00 a 19:00h (11-14 xullo).

NAVEGACIÓN PARA VISITANTES

Nesta edición desafortunadamente non imos contar coas embarcacións que habitualmente ofertan navegación para visitantes, xa que un dos barcos tivo que varar para facer reparacións de urxencia e o outro tiña uns compromisos ineludibles.