Sorpresas alén do Miño

18.01.2018

Para preparar a candidatura temos claro que un dos eixos importantes é a relación entre o Baixo Miño galego e o Alto Minho portugués, así que estamos indo polos concellos dunha e outra beira para presentarnos e procurar apoio, xa que as rutas marítimas percorrerán varios destes concellos e tamén temos previsto organizar actividades previas en localidades veciñas.

Aldeias do Mar

É unha desas sorpresas que atopamos nesta preparación da candidatura, en especial varios vídeos da masseira (nome que recibe a gamela no norte de Portugal) e outras embarcacións tradicionais. O proxecto Aldeias do Mar abrangue Caminha, Viana do Castelo, Vila Nova de Cerveira e Esposende, e ten como obxectivo:

a valorização, divulgação e potencialização da comunidade piscatória abrangida no território Aldeias do Mar.

Unha das cousas curiosas é a presenza de familias da Guarda nos barrios mariñeiros da costa Atlántica, e de como hai embarcacións e artes de pesca que foron dende A Guarda a Âncora, e probablemente a outros portos do Norte de Portugal... todo un mundo por descubrir!

web do proxecto: https://lugardoreal.com/aldeiasdomar/