PRESENTACIÓN DO ENCONTRO

23.06.2019

O pasado sábado 22 de xuño presentouse antes os medios o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se vai celebrar do 11 ao 14 de xullo de 2019 na localidade de A Guarda. Como en anteriores edicións, o Museo do Pobo Galego acolleu estar presentación ante os medios de comunicación, na que alén de representantes do comité organizador (Culturmar, Asociación Piueiro, IEM e Concello da Guarda) tamén contou coa participación da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, e de Santos Héctor Rodríguez en representación da Deputación de Pontevedra.

Ver vídeo da presentación emitido na RTVG