O ENCONTRO ESTÁ, É.

11.07.2019

Habería que remontarse moitísimas décadas para lembrar tantas velas no porto da Guarda. Agradecementos infinitos a todas e cada unha das persoas que fixeron posible este intre máxico tan especial para guardesas e guardeses -e quen se queira sentir incluído neste agradecer-.

Como onte dixo unha persoa: "Ao ver isto, síntome orgulloso do que se fixo, síntome orgulloso da Guarda". Por iso o Encontro está, É.