O CONVOI CHEGOU Á GUARDA

07.07.2019

Benvidas e benvidos todos e todas á Guarda. A viaxe foi longa pero tranquila, da noite en Cíes non se pode comentar nada... o que acontece nas Cíes, fica nas Cíes!

Había moitas décadas que non se vía tanta embarcación de madeira neste curruncho do Atlántico, o Porto está distinto. A vila está distinta. Arrecende a Encontro.