O COMERCIO DA GUARDA CO ENCONTRO

26.06.2019

Dende hai xa uns días os escaparates de distintos locais da Guarda comezaron a engalanarse para o Encontro, dándolle uns aires moi mariñeiros á vila e empregando material cedido ou doado para a ocasión a Piueiro e, por suposto, dándolle cada comercio o seu toque persoal.

Alén disto tamén se organizaron algúns obradoiros para confeccionar obxectos decorativos, como os faros a partir de macetas ou esta parella que luce así de fermosa na imaxe ;)